Xogadores xuvenís
Encontros
Cada semana o teu equipo de xuvenís terá un partido de liga, e cada tres semanas tamén poderás botar un amigable. Dás as ordes por adiantado e elixes a táctica de xeito exactamente igual a como o fas co primeiro equipo. Se non se deron ordes (ou a aliñación está incompleta), os rapaces elixirán a aliñación coa que xogarán o partido. Primeiro elixirán un porteiro, logo os defensas (5 máx.), despois os medios e extremos (5 máx.) e por último os dianteiros (3 máx.).