Xogadores xuvenís
A liga de xuvenís
O teu equipo de xuvenís entrará nunha liga que escollas, ou podes crear unha ti mesmo. As ligas de xuvenís poden ter 4, 6, 8, 12 ou 16 equipos, e a liga pode ser privada (o creador invita á xente para que entre na liga) ou pública (todos poden unirse a ela). O creador da liga tamén pode escoller cando quere que se xoguen os encontros. En canto a liga ten cuberto o cupo de equipos, comeza automaticamente.